Página 1 de 1

INSCRICIÓN de FIGURANTES DA

CABALGATA DE REIS do 5 de XANEIRO de 2026

¿es menor de idade?

¿es menor de idade?
A
B

PARTICIPO/AUTORIZO AO MENOR Á PARTICIPAR na Cabalgata de Reis do Concello de Arteixo que se celebrará o día 5 de xaneiro baixo as seguintes condicións:

No caso de que a organización o permita, autorizar a que a/o menor se suba a algunha das carrozas dende o inicio do desfile

No caso de que a organización o permita, autorizar a que a/o menor se suba a algunha das carrozas dende o inicio do desfile
A
B

Participar nas probas de vestiario no Centro Cívico Cultural de Arteixo (escoller un día):

Participar nas probas de vestiario no Centro Cívico Cultural de Arteixo (escoller un día):
A
B

Autorizar a cesión de imaxes que se poidan tomar da/o menor ao Concello de Arteixo durante o desenvolvemento desta actividade con finalidade meramente informativa

Autorizar a cesión de imaxes que se poidan tomar da/o menor ao Concello de Arteixo durante o desenvolvemento desta actividade con finalidade meramente informativa
A
B

Presentarse o 5 de xaneiro no Centro Cívico Cultural de Arteixo ás 16:00 h vestidos cuns leggins, zapatillas deportivas/botas, camiseta térmica de manga longa e un xersei, tamén de manga longa, todo de cor negra ou de cor branca.


NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO:

As/os participantes deberán presentarse co xustificante da inscrición, acompañados pola nai, pai, representante legal ou persoa adulta responsable o 5 de xaneiro ás 16:00 h no Centro Cívico Cultural de Arteixo (paseo fluvial, s/n, 15142-Arteixo) onde se caracterizarán cos traxes, previamente asignados pola organización nas probas de vestiario, e que serán devoltos unha vez rematado o desfile.
A organización daralle as instrucións oportunas para a súa colocación exacta durante o percorrido que se efectuará a pé seguindo as indicacións do persoal da organización, quedando supeditado ás condicións meteorolóxicas do momento.
Durante o percorrido as/os participantes NON lanzarán caramelos.
A duración do percorrido da Cabalgata de Reis será aproximadamente de 1 h e está prevista a chegada ao Pazo dos Deportes ás 19:00 h.
As/os participantes menores serán recollidas/os polas persoas responsables, nai, pai representante legal ou persoa adulta. Ao remate, sobre ás 19:30 h, un autobús encargarase do seu traslado dende o Pazo dos Deportes á instalación de partida (CCC de Arteixo).
Por seguridade, deben respectarse as filas e non recoller caramelos próximos ás carroza. Non permitir que as/os menores ao cargo se acheguen moito ás carrozas, especialmente nas zonas estreitas e curvas. Deberán seguirse en todo momento as instrucións que diten os corpos de seguridade.

Acepto as normas sinaladas pola organización para a participación na Cabalgata de Reis.

Acepto as normas sinaladas pola organización para a participación na Cabalgata de Reis.
INFORMACIÓN SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS
De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE ARTEIXO, con dirección PRAZA ALCALDE RAMON DOPICO, Nº 1-15142 ARTEIXO (A CORUÑA).
1.- FINALIDADE DO TRATAMENTO: Os datos serán utilizados para prestarlle o servizo solicitado na presente instancia. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de prestarlle o servizo solicitado.
PRAZO DE CONSERVACIÓN: os datos facilitados conservaranse durante o tempo necesario para poder atender a súa solicitude, así como para dar cumprimento legal ás xestións administrativas derivadas da prestación do servizo
2.- LEXITIMACIÓN: Este tratamento de datos persoais está lexitimado polo consentimento que nos outorga ao realizar a solicitude de prestación do servizo.
3.- DESTINATARIOS DE CESIÓNS: CONCELLO DE ARTEIXO non cederá os seus datos de carácter persoal.
4.- DEREITOS: Ten vostede dereito a acceder, rectificar ou suprimir os datos erróneos, solicitar a limitación do tratamento dos seus datos así como opoñerse ou retirar o consentimento en calquera momento e solicitar a portabilidade dos mesmos.
O CONCELLO DE ARTEIXO dispón de formularios específicos para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos. Pode presentar a súa propia solicitude ou solicitar os nosos formularios, sempre acompañados dunha copia do seu DNI para acreditar a súa identidade.